Site icon Crónica3.com A Mariña

Outubro literario organizado pola Libraría Bahía

Foz, 12 de outubro, 2021. Dentro do programa Outubro literario que organiza a Libraría Bahía, o xoves día 14 contarase con Xurxo Mariño e Luisa Martínez para falar de divulgación científica.

Xurxo Mariño é un neurocientífico focego, profesor e grande divulgador da ciencia. O seu último libro Unha mente que voa, trata sobre o desenvolvemento da linguaxe e a súa relación coa mente.

Luisa Martínez é doutora en Ciencias do Mar e actualmente é a responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC) en Galicia.

A súa última obra publicada é “Puf! Vaia peido”, un libro fascinante e moi divertido sobre “seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes” para o púlico máis cativo.

O acto celebrarase na Casa da Cultura de Foz ás oito e media da tarde.

Exit mobile version