Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o BNG, a nulidade do ERE é unha boa nova, pero o problema tén que ter unha solución política: a intervención

A Mariña, 29 de outubro 2021. Para o Bloque Nacionalista Galego, a confirmación da nulidade do despido colectivo de Alcoa por parte do Tribunal Supremo confirmando a sentenza do 17 de decembro de 2020 da Sala do Social do TSXG, é unha boa nova, ainda que non resolve o problema. O problema é un problema político e como tal tén que ter unha solución política, afirman desde o BNG mariñao, que vén de reunir o seu órgano de dirección comarcal para analizar este e outros temas de vital importancia para a comarca coma os orzamentos do Estado e da Xunta “que unha vez mais esquecen e marxinan á Mariña cando neste exercicio tiña que ter unha atención especial dada a situación que se está a vivir”, advertíu a responsable comarcal Ana Ermida.

Cumprir os acordos acadados nas diferentes institucións
Daniel Castro, deputado mariñao no Parlamento incidíu na necesidade de cumplir os acordos acadados nas diferentes institucións e proceder á intervención de Alcoa por parte de SEPI e coa participación da Xunta de Galiza, e retomala ao ámbito público, nacionalizando a planta para así manter os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña e afirmou que nin o marco normativo galego, nin o do Estado nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa, “polo tanto recalcamos esta solución só necesita da vontade política das administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira” afirmou.

Desde o Bng conseideran tamén que ademais das circunstancias conxunturais do mercado do aluminio, o principal problema que ameaza a viabilidade da empresa son os altos custos da enerxía eléctrica, que resulta imprescindíbel para a produción na planta de aluminio. O BNG ve urxente pór en marcha unha Tarifa Eléctrica Galega que abarate a enerxía para as empresas -facéndoas máis competitivas- e permita ás familias beneficiarse da riqueza enerxética do seu país.Esa será a única maneira estábel e duradeira de favorecer a viabilidade da industria galega.

Exit mobile version