Site icon Crónica3.com A Mariña

Pescados Rubén, recoñecido nos Premios Galicia á xestión deportiva

Burela, 20 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS estivo representado polo seu presidente, Manuel Blanco, e o directivo Auditor Lombardía, onte no recoñecemento dos Premios Galicia á Xestión Deportiva 2020 en Arteixo. O máximo dirixente burelista recolleu o galardón como Mellor Entidade Privada na gala organizada pola Asociación Galega de Xestores Deportivos.

Xunto a Agaxede, o xurado dos premios en 10 categorías, estivo composto por diferentes entidades e institucións como a Secretaría Xeral para o Deporte, FEGAMP, prensa deportiva, UFEDEGA, as Facultades de Ciencias do Deporte da UDC y da UDV e o COLEF-Galicia.
-PREMIO AO/Á MELLOR XESTOR/A DEPORTIVO/A, Roberto Ramos Piñeiro (Socio fundador y CEO del Grupo BeOne)
-PREMIO AO MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES, Concello de Baiona
-PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PÚBLICA, Fundación Deporte Galego
-PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PRIVADA, Pescados Rubén Burela FS
-PREMIO AO MELLOR ESTUDO OU INNOVACIÓN, Global Traktus SL
-PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO, Programa ABANCA Deporte Base
-PREMIO A XESTIÓN SOSTIBLE NO DEPORTE, Club Peña Trevinca Montañeros de Galicia
-PREMIO Á XESTIÓN DEPORTIVA DE INTEGRACION SOCIAL, Fundación EMALCSA
-PREMIO Á MELLOR ACTIVIDADE OU PROGRAMA DEPORTIVO, Carreira San Martiño (Ourense)
-PREMIOS DE RECOÑECEMENTO ESPECIAL, Juan Antonio Muñiz Barbeito e Francisco García Bello

Exit mobile version