Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide a creación de tramos de preferencia peonil nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello

Viveiro, 2 de outubro, 2021. As rúas Alonso Pérez e Camiño Vello son moi utilizadas, de xeito peonil, pola veciñanza das citadas rúas e tamén pola dos barrios de Verxeles e de Xunqueira.

No canto o trafico rodado, estas rúas son de sentido único de circulación, dende o comenzo da rúa Alonso Pérez ata o remate da rúa Camiño Vello, intersección coa estrada LU-540.

Hai varios tramos destas rúas que carecen de beirarrúa, debido a sua escasa anchura, este feito ocasiona riscos de seguridade, cando a convivencia entre peóns e automobilistas no e todo o boa que debera ser.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Catalogación e sinalización como de preferencia peonil dos tramos carentes de beirarrúa nas rúas Alonso Pérez e Camiño Vello.
2. Establecer en 20 Kilometros/hora o limite de velocidade máxima nos devanditos tramos de preferencia peonil.

Exit mobile version