Site icon Crónica3.com A Mariña

PP e PSOE votan xuntos para manter as honras a Gayoso Castro, presidente da Deputación na ditadura e colaborador das colectas para financiar aos sublevados

Lugo, 26 de outubro de 2021. O grupo provincial do BNG lamenta que PP e PSOE votaran en contra da moción para retirar da denominación da granxa de Castro de Ribeiras de Lea o nome do que fora presidente da Deputación de Lugo na ditadura, José Gayoso Castro.

No Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes, populares e socialistas coincidiron en rexeitar a proposta do BNG e manter esta honra a Gayoso Castro, membro da Falanxe e colaborador nas colectas que se realizaron para financiar aos sublevados, segundo expuxo o voceiro nacionalista, atendendo ás informacións que figuran en boletíns da Falanxe e crónicas da época.

Gayoso Castro foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación de Lugo o 12 de maio do 1939 ao impoñerse o golpe militar. Foi presidente da entidade provincial entre 1941 ata 1946.

“Non hai dúbida de como eran os nomeamentos nese momento. Ninguén estaba nunha alcaldía ou na presidencia da Deputación na ditadura sen colaborar activamente e compartir a ideoloxía dese rexime asasino e fascista”, concluíu Efrén Castro.

Exit mobile version