Site icon Crónica3.com A Mariña

Recolocación de 10 traballadorxs e noutro sector, a “xenerosa” oferta de Vestas na Mesa Industrial deste mércores

Viveiro, 13 de outubro, 2021. Rematada a mesa industrial deste mércores coincidindo coa segunda semana do período de consultas, o comité sabe por fin que quere Vestas para os traballadores. Ofrece unha recolocación ridícula de como máximo 10 postos, que sería en todo caso dentro de outro sector, neste caso servicios. Iso é todo o que son capaces de aportar a unha mesa industrial que hoxe, ante falta de propostas, comezaba co compromiso por parte da Xunta e o goberno central de investir a traves de distintas lineas de crédito para lograr manter o 100% dos postos de traballo. Vestas di que non quere presentar ningún proxecto de produción e que non ten “capacidade” para ofrecer ese proxecto a unha planta de 115 traballadorxs. Dito doutro xeito, unha empresa de 23.000 empregados di non ter capacidade para producir nunha fábrica de 115. O que sigue mantendo é a posiblidade de venda a un terceiro, pero nin sequera parece interesado en atopar ese comprador. A xunta pola súa banda tentará buscar en tempo record potenciais interesados para presentar a Vestas antes de que aplique o ERE. Por parte dos Representantes dos traballadores afirman que seguirán loitando ata o último momento, co obxectivo da continuidade da produción en Viveiro, con ou sen Vestas.

Este xoves reuniranse coa empresa as 9:00h no hotel Talaso As Sireas para continuar co proceso de consultas.

Exit mobile version