Site icon Crónica3.com A Mariña

Resultado apretado nun emocionante derbi. Pescados Rubén 3-2 Ourense Envialia

Burela, 2 de outubro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS recuperou esta tarde a senda da vitoria impoñéndose por 3-2 a Ourense Envialia FSF. O derbi galego quedou na casa cun bo traballo das mariñás en xogo de cinco na recta final, dando a volta ao marcador de 1-2 e sabendo sufrir.

O inicio foi laranxa, con continuas chegadas sobre a rede de Vanessa. A gardameta visitante puido frear a complicidade entre Elenita e Ale de Paz en primeira instancia, pero non conseguiu frear o toque segundos despois de Peque tras o roubo da 13 burelista. Tivo chegadas e ocasións o conxunto das Guerreiras fronte a unha Vanessa decisiva ao longo de primeiro acto, saíndo vitoriosa ante Bea Mateos (minuto 15) e fronte aos mísiles de Lara e Peque chegando ao descanso. Nerea Lorenzo tamén serviu de obstáculo para a efectiva poutada de Dany.

Crendo nas súas posibilidades, o Ourense volveu á pista para corrixir desaxustes e puxo a proba a rede de Jozi, en varias ocasións, coa mellor da antiga laranxa Judith. E foi María Arias a que igualou a contenda nunha rápida saída de Vanessa que conduciu Nerea Lorenzo (minuto 28). Traballou Pescados Rubén para recuperar a vantaxe, aínda que con certos momentos esvaecido; Vanessa freou a Peque, tentouno Emilly cunha gran volea e máis tarde Elenita. Do que podería ser o 2-1 con balón parado de Ale de Paz, pasouse á vantaxe das ourensás de Laura Uña en galopada. Apostaron as Guerreiras por xogo de cinco Bea Mateos. Acariñaron o empate Lara Balseiro e Elenita. A maxia de Cilene regresou a Vista Alegre no 36 transformando o penalti de Chiky. Insistiron con porteira xogadora as de Lucas e Lara Balseiro subiu o tanto da vitoria a un e medio para a bucina. O Envialia quixo esgotar o último cartucho con ataque de cinco, sen recompensa.

Ficha técnica

Pescadso Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Dany, Peque, Elenita, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, M. Cortés, Emilly, Cilene, Elena Aragón, Lara Balseiro, Jozi Olveira

Ourense Envialia FSF: Vanessa Barberá, Chiky, María, Laura Uña, Nerea Lorenzo, cinco inicial; tamén xogaron Judith, Carla, María Arias, Zaide, Susana,

Goles: 1-0, minuto 3, Peque; 1-1, minuto 28, María Arias; 1-2, minuto 34, Laura Uña, 2-2, minuto 36, Cilene (penalti), 3-2, minuto 39, Lara Balseiro

Árbitros: Amor Vizoso // Menéndez Nistal. Por Ourense amarela a Chiky (minuto 33), María Arias (minuto 36)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira RFEF Feminina disputado en Vista Alegre. As Guerreiras Laranxas foron obsequiadas polo Concello de Burela cun detalle conmemorativo do título de liga 2020-21.

Exit mobile version