Site icon Crónica3.com A Mariña

Sesión de narración oral para remtar o Outubro Literario da libraría Bahía

Foz, 26 de outubro, 2021. Este ano, na Libraría Bahía celebramos o Outubro Literario.

Contamos coa presenza de escritores importantes da nosa lingua como Susana Sánchez Arins, Manuel Gago, Xurxo Mariño e Luisa Martínez aos que poidemos escoitar intercambiar, explicar e compartir a súa experiencia e a súa tarefa, levados da man da filóloga María Liñeira que actúou como moderadora. Un formato ao que non adoitamos ter moito acceso en vilas como a nosa e que foi moi apreciado polo público, tamén polos escritores e escritoras participantes.

Pola súa banda, as pícaras e pícaros tiveron a súa ración de literatura da man da escritora e contadora Charo Pita que estivo con nós o pasado sábado 23.

Rematamos este Outubro Literario cunha proposta distinta pero que complementa moi ben as anteriores. Unha sesión de narración oral para persoas adultas.

Nesta ocasión é a contadora Ángeles Goás, orixinaria da Terra Chá, visitante habitual da nosa vila e gran narradora a que estará na Libraría Bahía de Foz o xoves día 28 ás oito e media da tarde cun Asubío de Contos , para poñer o broche ao Outubro Literario.

Exit mobile version