Site icon Crónica3.com A Mariña

Vestas prorroga unha semana o período de consultas

Así o determinou na xuntanza cos traballadores deste venres, 5 horas nas que en ningún intre amosaron a posibilidade de conservar a produción en Chavín. O luns haberá mesa multilateral. Semella que só unha decisión política podería salvar a fábrica. Mentres os traballadores continúan co seu calendario de mobilizacións. O luns cunha manifestación en Santiago con saída da Alameda ás 11 da mañá. Xa as 14h, concentraranse diante da Escola galega de administración pública.

Exit mobile version