Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro súmase ao Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama

Viveiro, 18 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro apoia as reivindicacións do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, que se conmemora mañá, martes 19 de outubro. Con motivo desta data, o Concello de Viveiro iluminará de rosa a porta de Carlos V, como sinal de apoio ás persoas que padecen esta doenza e ás súas familias.

Viveiro adhírese así á ampla rede de municipios que reivindicarán esta data no Día internacional da loita contra o cancro de mama. Dende o Concello celébranse os avances na loita contra esta enfermidade nos últimos anos, froito en parte de reivindicacións como a deste día.

“Nesta data, sumámonos á loita de todas as mulleres contra este cancro, esperando sensibilizar á poboación sobre a importancia de mellorar os recursos para combater esta doenza”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Exit mobile version