As bolsas, que oscilan entre os 300 e os 1.500 euros, teñen como obxectivo impulsar a actividade deportiva nas diferentes disciplinas. O deputado de Deportes Efrén Castro explicou que “se trata dunha liña de axudas orientada fundamentalmente ás etapas de iniciación, coa que tratamos de contribuír a financiar os custos derivados da actividade competitiva e apoiar o esforzo persoal por mellorar a nivel deportivo en calquera disciplina”.
Así, figuran entre as persoas beneficiarias das bolsas figuran deportistas de distintas modalidades: atletismo (64), piragüismo (24), péntatlon moderno (13), karate (8), taekwondo (7), remo (7), judo (7), natación (5), tiro olímpico (3), bolos (3) / bolos celta (1), squash (2), loitas olímpicas (3), hípica (3), motociclismo (1), surf (1), tenis (1) e triatlón (1).
A convocatoria, que se repite anualmente, está aberta a deportistas de modalidades individuais con licenza federativa menores de 35 anos e empadroados/as calquera municipio da provincia. As contías asígnase en función de criterios de valoración obxectivos, tendo como referencia fundamental os resultados acadados en campionatos federados -mundiais, europeos, estatais, galegos ou provinciais- na anualidade 2020. A participación feminina incentívase cunha puntuación adicional. Tamén se valora positivamente a pertenza a clubs e entidades deportiva da provincia.
Ademais, resérvanse sete bolsas para deportistas con capacidades diferentes que compiten en modalidades adaptadas.
A área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo investiu nesta convocatoria de concorrencia competitiva un total de 85.500 euros, que se suman aos 500.000 concedidos a clubs e entidades deportivas.