Site icon Crónica3.com A Mariña

A Banda de Música de Foz comezará o vindeiro ano a traballar no seu XXX Aniversario

Foz, 9 de novembro, 2021 A pandemia eneñounos a valorar todos os momentos que compartimos coa nosa familia, amigos, coñecidos….e eso é o que nos pasa na Banda de Música de Foz, que saímos da pandemia con moitas ganas de facer música e de compartir coa nosa pequena gran familia de músicos o gusto por regalar música ós demáis. É por iso que ó longo deste 2021 a Banda de música de Foz non parou de facer actuacións, levamos máis de unha ducia de actuacións e con máis actuacións programadas no noso calendario, a máis próxima que temos agora é Santa Icía, patrona dos músicos, por iso estamos a preparar unha actuación cunha colaboración co grupo de teatro Touporrotou, co que xa tivemos algunha colaboración anterior.

A idea é cara o 2022 empezar a traballar nun proxecto ambicioso para conmemorar o 30 aniversario da banda que será ó ano seguinte, necesitamos traballalo e festexalo por todo o alto. A ilusión que temos para celebrar este evento estamos a transmitilo entre todos os membros que formamos a banda, dende os máis veteranos ata as novas incorporacións, xa que temos integrantes de tan só 10 anos. Estamos tamén en plena campaña para que a xente se anime a participar na banda, existe unha colaboración constante entre a banda e a escola de música, así que animamos a toda a xente a vir a probar diferentes instrumentos e poder formar parte de algo tan grande como é a Banda de Música de Foz.

Exit mobile version