Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra este mércores o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia

Ribadeo, 22 de novembro de 2021. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 24 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Piazzolla ata música popular galega. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 18 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

Exit mobile version