Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fonsagrada perdeu unha oportunidade de crear emprego no municipio ao renunciar o seu alcalde ao obradoiro da Xunta, alerta o PP

A Fonsagrada, 11 de novembro de 2021. O Partido Popular de A Fonsagrada considera que o Concello perdeu unha oportunidade de crear emprego no municipio ao renunciar ao obradoiro de emprego da Xunta de Galicia, solicitado conxuntamente cos municipios de Negueira de Muñiz e de A Pontenova.

O voceiro do Grupo Municipal, José Regueiro, denuncia que, nun momento como o actual, “se desaproveite” e “se desperdicie” unha iniciativa como a que pon a disposición das entidades locais a administración autonómica, e que permitiría a contratación de 20 persoas en paro do municipio durante 9 meses.

O popular critica a decisión do rexedor socialista, pois “en vez de sumar, resta”. E é que, mentras, máis do 80% dos municipios de Lugo poderán contratar a unas 400 persoas en situación de desemprego, A Fonsagrada renuncia”. Isto supón, advirte Regueiro, “que se deixe de dar unha oportunidade laboral a unha vintena de veciños que estarían desexando ter unha nómina”.

“Non entendemos como se pode actuar con tanta irresponsabilidade ante algo que só reporta beneficios para as familias”, pois, unha vez rematado o contrato, os seleccionados poderían traballar nunha empresa da zona por un mínimo doutros 3 meses a xornada completa.

Regueiro advirte, ademais, que “renunciaron a un proxecto que eles mesmos elaboraron e pediron”, e que conta cunha dotación económica de 362.000 euros.

Concellos da Montaña que si terán obradoiro
“É unha decisión inadmisible”, sobre todo, engade, “cando outros alcaldes e compañeiros de partido que están colindando con Fonsagrada si que souberon entender a sensibilidade da Xunta de Galicia ao poñer esta importante ferramenta laboral á súa disposición”. É o caso de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e Triacastela, incluídos no proxecto denominado Ancares IV; As Nogais, Baralla e Becerreá, que repiten a proposta Vía Künig; e Negueira e A Pontenova, logo da renuncia de A Fonsagrada, no denominado Madeira de Futuro.

Exit mobile version