Site icon Crónica3.com A Mariña

A Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste que se celebra en Viveiro, continúa co seu programa

Viveiro, 11 de novembro, 2021. Un hotel ás aforas de Viveiro acolle durante o 11 e 12 de novembro unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e na que participan representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.

Baixo o título ‘Reflexións sobre a pesca artesanal: sostible, rentable e con futuro’, o evento serve un ano máis como foro de debate acerca de diferentes temas de interese para a frota de pequena escala. O congreso repite a dinámica de edicións anteriores á pandemia: reunión interfederativa o xoves pola tarde e reunión de traballo conxunta entre representantes das confrarías y das administracións pesqueiras de España e as comunidades autónomas do Cantábrico na mañá do venres.

Abriu a xornada o presidente da Federación Nacional de Confradías de Pescadores, tamén presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, acompañado dos patróns maiores das confrarías de Celeiro, Domingo Rey, e de San Cibrao, Javier Sánchez.

Na reunión participaron representantes da maioría das Federacións de Confrarías do Cantábrico Noroeste: Guipúzkoa (Eugenio Elduaien, Josu Ezenarro González Etxebarri e Miren Garmendia), Bizkaia (Eusebio Aranzamendi Etxaburu), Cantabria (Miguel Fenández Pérez, Enrique Paz Setién e Carlos Gutiérrez Pedrajo), Asturias (Adolfo García e Mª José Rico Fernández), Lugo (José Basilio Otero, Javier Sánchez, Domingo Rey e Carmen Abad), A Coruña (Daniel Formoso) e Pontevedra (José Antonio Gómez Castro), así como a Federación Gallega de Cofradías (José Antonio Pérez Sieira).

Os representantes das confrarías analizaron a situación e o grao de cumprimento das conclusións acadadas tra-lo congreso do ano pasado, que sirviron como punto de partida para abordar temas actuais de interese común para o sector do Cantábrico-Noroeste, como a pesquería dos túnidos, a regulación das organizacións de produtores, as axudas do almacenamento, a calificación das infraccións na Lei de Pesca, os sistemas informáticos de xestión ou o futuro da pesca e a formación por experiencia.

XORNADA DO VENRES
O congreso pecharase na mañá do venres con unha xornada de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras de España e as comunidades autónomas do Cantábrico, na que, como é habitual, o sector exporá ás administracións as principais conclusións derivadas do traballo do xoves.
Esta sesión contará coa asistencia da secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz Iglesias, e o director xeral de Ordeación Pesqueira e Acuicultura, Juan Ignacio Gandarias Serrano; a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; a directora de Pesca e Alimentación de Cantabria, Marta Ana López López; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica. Tamén participarán a directora do Instituto Social da Marina, Elena Martinez; e a subdirectora xeral de Seguridade, contaminación e inspección marítima de Marina Mercante, Ana Núñez.

CLAUSURA DO CONGRESO
A clausura do congreso correrá a cargo da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica de la Consellería do Mar de la Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez Moreda e celebrarase ao finalizar a xornada matinal, a partir das 12:45h, cando se unirán tamén representantes das diferentes administracións locais e entidades relacionadas co sector pesqueiro, como Abanca Mar e as organizacións de pesca de Lugo, Porto de Celeiro, Absa Burela, OPP-7 e OPP-77.

Exit mobile version