Site icon Crónica3.com A Mariña

A ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de solo, subsolo e aéreo de Burela a debate no pleno deste xoves

Burela, 29 de novembro de 2021. A corporación municipal de Burela celebrará unha sesión ordinaria este xoves, día 2 de decembro, pleno que é o correspondente a este mes de novembro. O alcalde, Alfredo Llano dixo que “houbo que trasladalo unha semana, como está contemplado que se pode facer”.

O asunto máis importante que se tratará nesta sesión é a ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación de solo, subsolo e aéreo, “coa que se simplifican moitas cousas e adáptase á normativa que agora hai que aplicar en todos os concellos. Cando se fai unha ocupación hai que adecuala ao valor que correspondente, polas diferentes categorías das rúas ou prazas do concello, pola súa situación, pero no caso de Burela realmente a diferenza entre unhas zonas e outras é mínima. Fundamentalmente regulará a ocupación por diferentes circunstancias, como por obras; e neste caso vai resultar moi simplificada porque ata agora facíase a ocupación por unha semana como mínimo e agora será exclusivamente polo tempo no se vai empregar ese espazo para esa obra, o que vai ser unha gran vantaxe para todos. Nesta ordenanza tamén vai incorporada a taxa de barracas e espectáculos públicos, a de instalación de quioscos, a de tendidos, a de cartelería e tamén a das terrazas, que estaba derrogada. Pensamos que esta ordenanza é importante para o noso concello porque así aplicarase a normativa en vigor e ademais non vai supoñer unha suba de taxas, que van quedar todas conxeladas. Polo tanto espero que este asunto saia para adiante porque é algo moi beneficioso e de obrigado cumprimento para o noso concello”.

Exit mobile version