Site icon Crónica3.com A Mariña

A Policía Local de Mondoñedo estrea un novo vehículo híbrido

Mondoñedo, a 26 de novembro de 2021. A Policía Local de Mondoñedo conta cun novo vehículo, para dar aínda un mellor servizo aos veciños.

No día de onte, 25 de novembro de 2021, Rubén Gil, xerente da empresa Tradip Lucense, SA, e xerente tamén do Grupo Ditram, concesionario oficial para a provincia de Lugo da marca Hyundai, fixo entrega ao alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide, e á súa Policía Local, representada por Manuel Barro Díaz, dun vehículo Hyundai Tucson 1.6 CRDI 136 CV, híbrido, con etiqueta ECO.

A nova incorporación ao parque móbil municipal de Mondoñedo é un vehículo subministrado ao Concello na modalidade de renting, por un período de 48 meses.

Esta adquisición está subvencionado, nun 74%, pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, ao abeiro da Orde do 20 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental

Exit mobile version