Site icon Crónica3.com A Mariña

A proposta de Alcoa non convence aos traballadores

Trala celebración da asemblea celebrada este martes, os traballadores son claros: non ao plan de Alcoa. Non admiten que os postos de traballo das auxiliares queden no aire, e non contemplan outra viabilidade para a empresa que non sexa a longo prazo, lonxe do que propón a empresa. Ademais o comité non fará máis valoracións sen unha xuntanza na que participen os gobernos do estado e Galicia. Amosaron a súa satisfación de que fose a sentenza do ERE a que propiciara o cambio de ritmo da multinacional, e que esta admita agora que o problema da produción non é estrutural, senón conxuntural.

Exit mobile version