Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para as axudas ao estudo do Concello de Xove

Xove, 2 de novembro, 2021. Ata o 19 de novembro (incluído) está aberto o prazo para solicitar no Concello de Xove as bolsas e axudas ao estudo 2021/2022. Para formalizar as solicitudes pódese facer presencialmente no Departamento de Servizos Sociais, ou ben a través da Sede Electrónica. Toda a documentación está colgada a través da rede na páxina web do Concello: www.xove.es.

As bolsas e axudas ao estudo reguladas nas presentes bases teñen por obxecto atender a sufragar os gastos derivados do aloxamento, material e pago das taxas ou prezos de quen se atope realizando estudos, coas dotacións máximas e demais condicionantes que se fixan nas bases posteriores. A contía destinada ás presentes axudas é de 43.200 €.

As bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove contemplan as seguintes modalidades:

Modalidade 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario, dotadas con 1.200,00€ cada unha, cunha contía mínima de 100,00€.

Modalidade 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela, dotadas con 600,00€ cada unha, cunha contía mínima de 100,00€.

Modalidade 3.- Axudas para alumnos con discapacidade física ou psíquica que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación, dotadas con 750,00€ cada unha.

Modalidade 4.- Axudas para compra de material escolar, coa seguinte dotación:
a.- Preescolar: 65,00€
b.- Primaria e ESO: 60,00€
c.- Bacharelato: 125,00€
d.- Ciclos formativos: 125,00€

Modalidade 5.- Axudas para doutoramento, dotada con 1.200,00€.

Modalidade 6.- Axudas para master, dotada con 500,00€.

Exit mobile version