Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfoz, un dos Concellos elixidos para levar a cabo o Curso de defensa persoal e autocapacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero

Alfoz, 15 de novembro, 2021. Alfoz é un dos Concellos elixidos para levar a cabo o Curso de defensa persoal e autocapacidades, organizado pola Secretaría de Igualdade para a prevención de situacións de violencia de xénero.

Trátase de formación-adestramento tanto físico como psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións.

Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita.

Dirixido a mozas e mulleres cunha condición física normal. O curso é totalmente gratuito.

Realizada unha pre-inscrición para formar grupo, fixouse a data e horario de realización: sábado 15 de xaneiro de 2022, de 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 20:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural e no Pavillón Municipal de Alfoz.

As mulleres e mozas interesadas que non se anotaran antes do 12 de novembro, poden poñerse en contacto coa Área de Igualdade do Concello de Alfoz no tfno. 982 558 001 (extensión 2) para informarse e/ou inscribirse no curso posto que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles.

Exit mobile version