Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa do Correlingua en Foz

Foz, 23 de novembro, 2021. Este martes celebrouse en Foz o Correlingua, unha iniciativa de promoción do uso do galego entre a infancia e a mocidade impulsada pola Mesa da Normalización Lingüística, a Asociación Socio-pedagóxica Galega e a CIG-Ensino e coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

En Foz celebrouse a festa concerto, a actividade central do Correlingua na provincia. Tivo lugar no Polideportivo de Torques de Marzán, coa presenza de máis de 300 alumnas e alumnos da comarca. Asistiron en directo a rapazada dos colexios O CPR Martínez Otero, CEIP de Foz nº1, CEIP O Cantel, de Foz; o IES Monte Castelo de Burela; o IES Illa de Sarón e o CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove.

Ademais 550 nenos e nenas doutros centros da comarca seguiron a Festa por streaming.

Esta actividade contou coa actuación en directo dos grupos Monoulios Dop e os Cozorellos Salvaxes.

A esta actividade acudiron a deputada Mónica Freire Rancaño, respónsable da Área de Medio Rural, do Mar e de Mocidade, e o Concelleiro de Foz Francisco Xavier Fanego Bermúdez, Primeiro tenente de alcalde e concelleiro de “Patrimonio, medio ambiente, medio rural e mar”.

Exit mobile version