Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio millón de Euros para melloras na estrada LU-P-5207, en Ribadeo

Lugo, 5 de novembro de 2021. A Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno desta semana novas actuacións para seguir mellorando a mobilidade na provincia por un investimento que se achega aos 900.000 euros.

Co obxectivo de continuar mellorando a rede viaria provincial, a Xunta de Goberno aprobou o acondicionamento de catro estradas no Páramo e Ribadeo.

Con respecto a Ribadeo, a Xunta de Goberno adxudicou por un importe de medio millón de euros obras de mellora na estrada LU-P-5207, que une a zona rural co centro da vila. “As actuacións levaranse a cabo nun tramo de algo menos dun quilómetro á altura do inicio da estrada, entre os puntos quilométricos 0,500 e 1,129, xusto no paso sobre as vías do tren, un treito que se dotará de beirarrúas”, explicou Rivera Capón.

Estes traballos mellorarán as condicións de seguridade da estrada, sobre todo tendo en conta que comunica co campo de fútbol Pepe Barrera e con instalacións deportivas de Ove, polo que é moi utilizada pola veciñanza en xeral, e por nenos e nenas que van a adestrar a estas dependencias.

Exit mobile version