Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo celebra as III Xornadas da Faba Verdina do 3 ao 5 de decembro

Mondoñedo, 28 de novembro, 2021. Os vindeiros días 3, 4 e 5 de decembro de 2021 terá lugar en Mondoñedo a terceira edición das Xornadas da Faba Verdina no que se poderán degustar diversas preparacións da faba verdina, en tapa, nos locales da hostalería de Mondoñedo.

Esta actividade preséntase como unha oportunidade única de poder achegarse a coñecer un produto local de gran calidade e cultivado na nosa zona.

Os locais participantes nesta edición serán: A Cova, A Tasca, Bodegón a Catedral, Café Bar Castro, O Padornelo, O Palique, O Porriño, Viñoteca O Petisco e Viñoteca Segundo.

Os horarios para poder degustalas, de xeito gratuíto, serán o venres, día 3 de decembro, dende as 20h ás 23h, o sábado, día 4, dende as 12h ás 15h e dende as 20h ás 23h e o domingo, día 5, dende as 12h ás 15h.

Exit mobile version