Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG solicita unha ordenanza de proteccion acústica para Viveiro

Viveiro, 2 de novembro, 2021. En setembro de 2019 aprobabáse a moción do BNG para mellorar a política de protección e revitalización dos cascos urbanos do concello de Viveiro, onde os puntos da moción eran os seguintes:

1. Elaborar unha Ordenanza de protección contra a contaminación acústica.

2. Limitar as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas do casco histórico “zona acústicamente saturada”, para intervir e mellorar a calidade acústica medioambiental nas mesmas.

3. Promover e facilitar a apertura de negocios que desenvolvan actividades comerciais e económicas compatíbeis coa habitabilidade do casco.

4. Planificar e ordenar os usos dos edificios do casco.

5. Dotar a Viveiro de espazos culturais que garantan que a veciñanza de todas as idades poda disfrutar da música nos locais adaptados para tal uso.

6. Habilitar espazos públicos, coa protección e vixiancia necesaria, para as xuntanzas de esparcemento da mocidade.

7. Poñer en marcha campañas de concienciación da mocidade do uso responsábel dos espazos públicos.

8. Publicación na páxina web do concello da listaxe de locais de hostalería autorizadas e tipos de licencias concedidas (bar, cafetería, café, restaurante, café-bar especial, pub…) para darlle máxima transparencia das licencias outorgadas aos locais de ocio nocturno.

Solicitamos á alcaldía de Viveiro que convoque no inmediato as comisións pertinentes para sacar adiante a ordenanza de “Protección Contra a contaminación acústica” e se informe por parte do equipo de goberno de cales son as actuacións concretas que desenvolveron nestes dous anos e medio para solventar a problemática dos ruídos nos cascos (Viveiro centro e Covas) co fin de protexer e mellorar a calidade de vida das persoas que habitan en zonas acústicamete saturadas.

Así como, solicitamos toda a información relacionada coas licenzas e revisión das declaracións responsables por escrito, e tamén se informe detalladamente e aportando un listado que incorpore a seguinte información relacionada con bares, restaurantes e pubs do concello de Viveiro.

1. Número total de licenzas dos locais nocturnos.

2. Clasificación/categoría das mesmas.

3. Datas de concesión das licencias e caducidade das mesmas.

4. Documentación relacionada co número de comprobacións que se teñen que realizar cada 6 meses tal e como establece a normativa vixente, a qué locais se teñen realizado e cal foi o resultado das mesmas.

5. Número de expedientes abertos por denuncias relacionadas cos ruídos na rúa.

6. Número de efectivos en quenda de noite nas fins de semana

Exit mobile version