Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro apoia e secunda as reinvindicacións da convocatoria de folga xeral convocada para este mércores

Viveiro, 15 de novembro, 2021. O Centro Comercial Histórico de Viveiro apoia e secunda as reinvindicacións da convocatoria de folga xeral convocada para este mércores 17 de novembro.

En apoio á situación pola que está a atravesar a comarca, derivada do eterno olvido de tódalas administracións durante todos estes anos. Por un plan de reindustrialización, que faga non só non marchar ás empresas asentadas na zona, senón que consigan facer da Mariña unha comarca atractiva para o asentamento de nova industria ou calquera tipo de empresa.

Cerramos porque defendemos a nosa comarca, o noso comercio e a creación de emprego estable. Tanto o comercio como a hostalería está atravesando unha dura situación derivada, entre outras cousas, da pandemia, dos longos períodos de tempo pechados ou con duras restricións de aforos. Pechamos os nosos negocios para poder ir á manifestación e reivindicar o que é xusto para a Mariña. Para moitos supón un notable esforzo, non pretendemos que se recoñeza pero tampouco que se criminalice. Polo que dende o CCHV se promoveu e así se acordou un peche ata as 16 horas. Acordo que tamén se tomou noutras vilas da Mariña para o comercio e a hostalería. Así se trasladou ós sindicatos promotores da folga, e agradeceron o noso apoio, porque todos na medida do posible SUMAMOS. Sentimos o desacertado texto do cartel que difundiron polas redes sociais xa que sentimos que nos metían no mesmo saco a todos. Os que decidimos pechar e os que non.

Todos deberiamos ir á manifestación e non quedarnos na casa sentados no sofá comprando en grandes plataformas ou planear unha excursión ás áreas comerciais das grandes vilas… Defendamos tamén unha gran empresa que temos na Mariña e que se chama “Comercio e hostalería Local”. Esa empresa da que todos se olvidan e que tantos postos de traballo xera na nosa comarca e da que dependen tantas familias.

Exit mobile version