Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo feminista MeigasBravasSon convocou unha concentración diante do Concello de Barreiros, co obxectivo de denunciar, unha vez máis, as violencias machistas que sufren as mulleres

Barreiros, 25 de novembro, 2021. Secundando o lema da Marcha Mundial das Mulleres: “Combater a xustiza patriarcal para acabar coa violencia machista”, puxemos voz a un manifesto para sinalar que o feminismo galego se manterá firme apuntando aos culpábeis, xa sexa por acción, por omisión ou por complicidade.

Visibilizamos a violencia e desprotección que sufren as mulleres do caso Maruxaina en cada unha das intervencións que permiten que os corpos das mulleres sexan gravados por terceiros sen consentimento e que as imaxes se empreguen con fines sexuais impunemente.

Puxemos sobre a mesa a flagrante brutalidade que consinte a obxección de conciencia na sanidade pública, obrigando a que as mulleres galegas teñamos que desprazarnos fóra de Galiza a interromper o embarazo.

Reclamamos que as institucións deben ser unha ferramenta de cambio e non apeiros que perpetúen desigualdades e violencias contra as mulleres.

Na concentración interpretamos o tema “Sempre Viva” de Rebeca Lane, versionado ao galego polo colectivo feminista, que pode verse na canle de YouTube de MeigasBravas

Exit mobile version