Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz lembra que aprobou a oferta de emprego coa vacante de policía local o 27 de outubro

Foz, 9 de novembro de 2021. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, aclarou hoxe, martes, que “a oferta de emprego público coa vacante de policía local pendente de cubrir foi aprobada na mesa de negociación do día 27 de outubro, coa proposta feita o 11 de outubro, antes do plenario”.

O rexedor municipal explica tamén que “o decreto será remitido á AGASP para cubrir a praza na vindeira convocatoria, conforme ao convenio que asinamos ao pouco tempo de chegar ao goberno. Grazas ao traballo feito xa cubrimos as dúas prazas que deixara vacante o anterior alcalde, o señor Castiñeira, e completaremos a plantilla na seguinte convocatoria. Ademais o Concello mercou un sonómetro e solicitou da Dirección Xeral de Tráfico un etilómetro para completar o equipamento e dotar á Policía Local cos medios necesarios”.

En canto ás preguntas nos plenos da corporación municipal de Foz, Fran Cajoto manifesta que “son contestadas sempre en tempo e forma, aínda que ao señor Castiñeira a maioría das veces parece que non lle gustan as respostas. Nós fuximos do espectáculo que pretende promover o voceiro do PP, pero seguiremos respondendo porque é a nosa obriga e as veciñas e veciños de Foz merecen saber a verdade”.

Exit mobile version