Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro impulsa un programa de envellecemento activo con clases gratuítas de ximnasia de mantemento para maiores de 65

Viveiro, 30 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.

“Dentro de este obxectivo, queremos impulsar o envellecemento activo e para elo organizamos desde o concello unha actividade gratuíta de ximnasia de mantemento, dirixida a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Esta actividade, de dous meses de duración nun principio, terá lugar os martes, de 11:30 a 12:30 horas, no pavillón municipal. As clases serán impartidas por monitores profesionais.
As persoas interesadas en participar deben anotarse, facilitando nome e apelidos e un número de teléfono de contacto, chamando ao teléfono 982.55.04.21.

Para esta actividade ofértanse un total de 20 prazas, sendo requisito necesario para participar estar empadroado/a no Concello de Viveiro e cubríndose as prazas por orde de inscrición.

Está previsto que as clases comecen o 14 de decembro, polo que a inscrición será do 1 ao 10 de decembro. Para participar nesta actividade será necesario roupa e calzado deportivo.

Exit mobile version