Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro lamenta que o periodo de consultas do ERE de Vestas rematara sen acordo

Viveiro, 9 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro quere amosar unha vez máis o seu apoio aos raballadores de Vestas e lamenta que o período de consultas na planta de Viveiro, que afecta aos seus 115 empregados, finalizara onte sen acordo.
Nun comunicado, o comité criticou que a multinacional danesa “non se expón en absoluto ampliar o ERE, como se recomendou na mesa industrial” que busca investidores para a fábrica.
“A Xunta e o goberno deben actuar con rapidez, os traballadores denuncian a mala fe de Vestas e agora toca pechar o interese de varias empresas en continuar coa actividade da planta”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
O pasado venres, día 5 de novembro, celebrouse a última reunión da mesa industrial. A Xunta identificou a nove posible investidores, aínda que tanto o Executivo galego como o Goberno central apoiaron a petición dos traballadores de que a empresa ampliase a negociación do ERE ata final de ano.
“A fábrica de Vestas en Viveiro ten unhas instalacións modernas e persoal moi formado e cualificado, polo que debemos atopar alternativas de actividade e emprego”, engade Loureiro.

Exit mobile version