Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro presentará recurso contra a decisión da Xunta de non concederlle a subvención do fondo de compensación ambiental

Viveiro, 19 de novembro de 2021. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, convocou onte unha comisión informativa con todos os voceiros municipais, para informarlles da situación na que se atopa o recurso de reposición interposto polo Concello de Viveiro, co acordo dos voceiros municipais, contra a inadmisión da subvención do Fondo de Compensación Ambiental ditada pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

A maioría dos voceiros entenden que non había motivos para denegar a subvención, tendo en conta que había que pedir unha autorización a Augas de Galicia e o Concello de Viveiro tramitou unha declaración responsable, como se viña facendo. Augas de Galicia requeriu a tramitación da autorización previa unha vez rematado o prazo de presentación e, polo tanto, non foi posible contar con ese trámite en prazo.

O concello considera que se fixeron todos os trámites ben e que non se debía ter chegado a este punto. O Concello de Viveiro presentou un recurso de reposición e dende a Xunta de Galicia non se contestou.

Todos os voceiros, excepto o do Partido Popular, coincidiron na indignacion ao non recibir resposta e tendo en conta que tampouco se garante que se vaia a conceder ao Concello de Viveiro ese diñeiro que ten un carácter finalista.

Consecuentemente, por parte dos voceiros municipais, agás o do Partido Popular, que foi o único que non se manifestou abertamente, sen opoñerse ao recurso pero manténdose neutral, nesta xuntaza decidiuse a interposición dun recurso contencioso-administrativo no Xulgado, para que sexa a xustiza a que resolva este expediente.

Exit mobile version