Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro súmase á folga xeral convocada o día 17 para reclamar “un futuro industrial para a comarca”

Viveiro, 11 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro súmase á folga xeral na Mariña convocada para o 17 de novembro, co obxectivo de reclamar un futuro industrial para a comarca, e tendo en conta a importancia da reivindicación que se persegue con esta folga, tanto para a Mariña como para o propio Concello de Viveiro.

“As reivindicacións son xustas e temos que estar unidos en contra do desmantelamento industrial que se vén sufrindo nos últimos anos, así como en contra do anuncio de peche da fábrica de Alcoa e, recentemente, da planta de Vestas en Viveiro”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Como mostra de apoio a esta folga, acordouse o peche da totalidade dos servizos municipais: Oficinas da Casa do Concello, Centro de Servizos Sociais, Biblioteca Municipal, Teatro Pastor Díaz Conservatorio Profesional de Música, Gardería Municipal, Piscina Municipal, UNED, Centros Sociais, Pavillóns e Instalacións Deportivas, Departamentos de Obras e Xardíns e Oficina de Turismo. Non obstante, establécese o mantemento dos seguintes servizos municipais como servizos mínimos:
– Conserxería para atención telefónica (982560128) e rexistro municipal, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
– Policía Local e Protección Civil: coas quendas establecidas para esta xornada.
– Servizos Sociais, para atencións de urxencia chamando ao teléfono 982560128.
– Servizo Axuda no Fogar.
– Servizos de Abastecemento domiciliario de auga potable e sumidoiros e recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
– Cemiterio.
– Praza de Abastos.
– Punto limpo, en horario de tarde.
– Conserxería nos centros educativos, ao rexerse directamente pola actividade do sistema educativo da Xunta de Galicia.

Exit mobile version