Site icon Crónica3.com A Mariña

Os puntos resístense en Vista Alegre. Pescados Rubén 4-5 Jimbee Cartagena

Burela, 20 de novembro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS recibiu hoxe un inmerecido castigo ante Jimbee Cartagena FS (4-5). Ofrecendo o seu mellor xogo e despregando unha imaxe de superioridade sobre a pista, os mariñáns viron como se escapaba a vantaxe de 4-1 no últimos cinco minutos de xogo sucumbindo ao porteiro xogador visitante.

Con cinco faltas nas filas de Jimbee xa, Renato fixo levantarse á Bancada Laranxa cun golazo a falta de catro minutos para o descanso. O 12 burelista recibiu en longo de Kaluza para sorprender a Raúl desde a banda. O 1-0 deulles confianza aos de Riquer. Lucão desaproveitou segundos despois a gran oportunidade de empatar, sen chegar ao segundo pau o lanzamento de Motta. Kaluza foi providencial para manter a vantaxe nun potente disparo de Mínguez, aproveitando un erro de pase laranxa.

Mínguez viu a amarela ao cortar o ataque de Isma e aproveitaron os mariñáns a balón parado con David Pazos e selo de Quintela ao segundo pau para emprender a xesta. Pazos, en recuperación, ampliou distancias no 26. Quixo recompoñerse Cartagena con Motta tras un erro local, pero volveu asestala Quintela apoiado en Lucho (minuto 30). Estaba moi ben o Pescados Rubén Burela FS. Con máis de sete minutos por diante, Mínguez liderou o xogo de cinco dos de Duda, con boas respostas galegas nas primeiras arremetidas. Andresito deu ás ao Jimbee reducindo no 35 e o 37. O factor psicolóxico fixo efecto nas filas mariñás. Motta no 38 igualou a contenda para seguir con porteiro xogador e Mínguez púxose por diante a falta dun e medio. Responderon os galegos con xogo de cinco sen oportunidade para atopar algo positivo tras o esforzo titánico.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Isma, Renato, David Pazos, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Lucho, Levi

Jimbee Cartagena FS: Raúl, J. Mínguez, Andresito, Bebe, Mellado, cinco inicial; tamén xogaron Jesús, Lucão, Simi, Motta, Marinovic

Goles: 1-0, minuto 16, Renato; 2-0, minuto 22, Quintela; 3-0, minuto 26, David Pazos; 3-1, minuto 27, Motta; 4-1, minuto 30, Quintela; 4-2, minuto 35, Andresito; 4-3, minuto 37, Andresito; 4-4, minuto 38, Motta; 4-5, minuto 39, J. Mínguez

Árbitros: Sánchez Llorente // Toca Campo. Por Burela amarela para Renato (minuto 13), Pazos (minuto 28). Por Cartaxena amarela a Lucão (minuto 16), Simi (minuto 18), J. Mínguez (minuto 22), Chemi (minuto 27), Andresito (minuto 30); vermella a Bebe (minuto 26)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 7 de Primeira Masculina disputado en Vista Alegre.

Exit mobile version