Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Ribadeo desexan que o novo centro de saúde sexa unha realidade e non propaganda

Ribadeo, 3 de novembro de 2021. Os Socialistas de Ribadeo advirten que o anuncio do novo centro de saúde de Ribadeo é unha boa nova para a veciñanza, pero remarcan que este centro hai que dotalo do persoal sanitario suficiente para poder atender con dignidade ás veciñas e veciños de Ribadeo.

Puntualizan que nos orzamentos da Xunta, “non hai ningunha partida orzamentaria especifica que reflicte que o Concello de Ribadeo vai ser beneficiario cunha dotación económica para a construción desta nova dotación asistencial. Algo que nos parece sorprendente, xa que nas contas autonómicas é o documento onde se plasman todos e cada un dos proxectos da nosa Comunidade, e non atopamos unha soa referencia na memoria de sanidade adicada a esta nova dotación”.

A Voceira da Agrupación Socialista de Ribadeo, Marta Rey remarca que “dende o PSdeG entendemos que a atención sanitaria debe ser unha prioridade no noso Concello. Por iso insistimos en reclamar unha boa asistencia medica no centro de saúde de Ribadeo, e dotalo de persoal sanitario suficiente. E sabemos que nestes intres hai dúas prazas de médicos sen cubrir”, denunciou.

Por último Rey dixo que “esperemos que esta noticia, anunciada por Feijóo, non se quede nun simple titular de prensa, e poidamos ver un novo cento de saúde e sobre todo os facultativos necesarios para atendelo”, insistiu.

Exit mobile version