Site icon Crónica3.com A Mariña

Os veciños e os grupos populares municipal e provincial alégranse de que a Deputación invista na estrada de Vilela, en Ribadeo

Ribadeo, 8 de novembro de 2021. Os veciños e os grupos populares municipal e provincial alégranse de que a Deputación invista na estrada de Vilela, a LU-P-5207, na entrada de Ribadeo e reclámanlle á institución provincial que siga investindo nas infraestruturas da súa titularidade. Así o manifestaron os voceiros do Grupo Municipal de Ribadeo e do Grupo Provincial Popular, Daniel Vega e Javier Castiñeira, respectivamente, tras coñecer o anuncio da Deputación e achegarse ao lugar da intervención no propio núcleo urbano.

O voceiro municipal, Daniel Vega, pon en valor “o traballo conxunto dos veciños e o Grupo Municipal Popular de Ribadeo, coa colaboración importante do Grupo Popular na Deputación, reivindicando inversións para a estrada de Vilela que pasa polo entorno do colexio Gregorio Sanz e do campo de fútbol que leva 20 anos abandonada”.

“Non era unha cousa de agora; senón que hai moitos anos que levamos reclamando o seu arranxo tanto na Deputación coma no Concello porque os veciños o pedían”, apunta. Os populares, escoitando as súas demandas, pedimos a través de iniciativas formais nos pleno para que se investise na estrada LU-P-5207.

Daniel Vega explica tamén que “eu mesmo lle reclamaba fai poucos días no Parlamento de Galicia ao presidente da Deputación, cando presentaba os Orzamentos para o 2022, un pacto polas infraestruturas. En Ribadeo e na Mariña hai moitas estradas da Deputación que están abandonadas”. Concretamente, en Ribadeo “a Deputación sabe que ten que resolver un problema en Santalla e na parroquia de Arante que comunica co Concello de Trabada”.

O popular anima á Deputación “a seguir investindo e resolvendo os problemas que teñen as nosas infraestruturas, as estradas que son competencia provincial”.

O Grupo Provincial “pisa” as estradas
O voceiro provincial, Javier Castiñeira, sinala que “o traballo que está a facer o Grupo Provincial do Partido Popular pisando as estradas de toda a provincia está dando os seus resultados. Non todos os que quixeramos porque se gobernara o Partido Popular as estradas estarían en moito mellor estado e teriamos un plan de estradas moito más ambiciosos que o que ten o goberno bipartito; pero si que é certo que as nosas demandas deron o seu resultado”.

O voceiro na Deputación explica que “as demandas que traslada o Grupo Popular nos diferentes plenos dan bo resultado aos veciños. Agardamos que o goberno provincial estime outras moitas que levamos pedido pleno tras pleno e diariamente porque a rede provincial está en moi malas condicións e, agora que vén o inverno, probablemente traerá problemas ao goberno da Deputación”.

Exit mobile version