Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro propón a creación dun coworking municipal

Viveiro, 6 de novembro, 2021. Un coworking é un espazo de traballo colaborativo. Estes espazos serven para que profesionais diferentes, pymes e emprendedores que desexen comezar os seus negocios dende cero, podan contar cunha zona de traballo conxunta no mesmo espazo físico, con boa conexión a internet, unha zona de reunións ou atención privada a clientes, dun xeito o máis económico posible.

Os espazos de coworking son espazos que serven ademais, para crear colaboracións e relacións entre os distintos perfís profesionais. Serven para enriquecer aos distintos profesionais creando sinerxias entre eles e xerando un sentimento de pertenza a comunidade de traballo.

Na situación na que se atopa a día de hoxe a comarca da Mariña, e coa incertidume da desindustrialización, ademais de defender a permanencia das empresas no noso entorno, e a chegada de novas industrias; debemos incentivar o emprendemento nas nosas veciñas e veciños, facilitando o inicio do traballo de novos autónomos e empresas que podan xerar valor engadido no noso Concello e por extensión en toda a comarca.

E por isto, que propoñemos ao Pleno Municipal de Viveiro, o seguinte acordo:

1. Creación dun Coworking Municipal nun local do Concello a determinar na correspondente comisión.
2. Creación dunha ordenanza de funcionamento do “Coworking municipal de Viveiro” unha vez determinado o seu espazo de funcionamento.

Exit mobile version