Site icon Crónica3.com A Mariña

Reformada a planta de acceso á Casa da Cultura de San Cibrao

Cervo, 11 de novembro de 2021. O rexedor Alfonso Villares, a delegada de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez achegáronse ata as obras que se están executar na Casa da Cultura de San Cibrao.

A reforma consiste nunha mellora substancial no referente á funcionalidade na planta baixa do edificio, creando, en primeiro lugar, un acceso máis favorable ás persoas con mobilidade reducida. Tamén se efectuará unha renovación do pavimento, substituíndo o actual por unha superficie antideslizante que favoreza un uso non discriminatorio e máis seguro das instalacións.

O orzamento total desta actuación ascende aos 33.056,12 euros, subvencionados ao 90% pola Xunta de Galicia e o restante 10% polas arcas municipais.

Destaca Villares: “con esta obra conseguimos crear unha nova entrada ao edificio, que sexa máis cómoda para os usuarios da Casa da Cultura e, ademais, facilitamos o acceso a persoas con mobilidade reducida á instalación, ”. Engade tamén que “aproveitamos tamén para facer traballos na planta baixa que aporten unha maior funcionalidade ás instalacións, podendo aproveitar ó máximo o espazo dispoñible”.

Apunta a concelleira de cultura Dolores García Caramés que “grazas á aportación da Xunta de Galicia, conseguimos dotar á Casa da Cultura dun mellor acceso para todos os usuarios da instalación”.

Exit mobile version