Site icon Crónica3.com A Mariña

Restaurada en Xove a fonte das Hedradas en San Isidoro de Mone

Xove, 11 de novembro, 2.021. A fonte, que inclúe tamén un lavadoiro, estaba moi deteriorada, e incluía materiais contaminantes como pranchas de fibrocemento con amianto. De aí a necesidade de restaurar todo o conxunto (fonte e lavadoiro) e darlle unha nova vida para uso e desfrute dos veciños.

Entre os traballos de renovación levados a cabo, destacan:
-Substitución das pranchas de fibrocemento con amianto da cuberta por unha cuberta nova de madeira con pizarra tosca.
-Substitución dos piares de bloque de formigón por pedra granítica.
-Recuperación da soleira do lavadoiro e da fonte con granito do país.
-Arranxo das canalizacións da auga.
-Arranxo da contorna.

Esta obra foille adxudicada á empresa Xota Xestión Integral da Mariña S.L. por 20.678,90 €uros. A mesma englobouse dentro dos Fondos de Compensacion Ambiental da Xunta de Galicia, contando cunha subvención de 15.469,50 € da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia 1ª. A restante financiación correo a cargo do Concello.

Con esta obra o Concello continúa coa recuperación das vellas fontes das parroquias, poñéndoas novamente en valor, recuperando ao mesmo tempo a contorna, todo para facilitar o seu uso por parte os veciños.

As fontes e lavadoiros, dos que no Concello inda se atopan un bó número, son elementos importantes da arquitectura tradicional, de aí que sexa importante a súa recuperación e posta en valor por parte das administracións públicas, neste caso o Concello.

Exit mobile version