Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acolleu esta fin de semana un novo curso de soldadura tig, impartido por Apaga

Ribadeo, 7 de novembro de 2021. Ribadeo acolleu esta fin de semana un novo curso de soldadura tig, que foi impartido por Apaga nas súas instalacións.

Álvaro Doural dixo que “en outubro xa realizamos tres cursos de soldadura, un de electrodo revestido, outro de mig mag e un terceiro de tig. E debido á grande demanda existente esta fin de semana organizamos un novo curso de soldadura tig no que contamos con 10 participantes”.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia engadiu que “estamos satisfeitos da demanda que está a ter a nosa formación. Temos que seguir formando á xente para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral, que é o que está solicitando a todo este tipo de profesionais”.

Doural dixo que “estes cursos demostran que son un referente de empregabilidade para as empresas da comarca”.

Exit mobile version