Site icon Crónica3.com A Mariña

“Sácalle Brillo ó Black Friday Mercando no comercio Local”, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos no Centro Comercial Histórico de Viveiro

Viveiro, 25 de novembro, 2021. O CCHV aposta por reforzar esta campaña e ofrecerlles algo máis ós clientes, facilitando o servizo e premiando as compras, farémolo poñendo gratis os envíos a toda a Mariña e Ortegal e entregando vales de 5€ de desconto para as compras de Nadal.

A maiores dos descontos do Black Friday, os locais participantes entregarán vales por valor de 5€, e eses vales serán para gastar nas compras de Nadal. Queremos premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local e que mellor forma de ampliar aínda máis os descontos.

Para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos o sistema de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal,garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.

Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e cós envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras para os nosos clientes da Mariña e Ortegal.

Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas, e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías…isto é Comercio Local.

Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 45 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 60% nalgúns casos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, óptica, telefonía, perruquerías, beleza, etc.

Os locais participantes son:

Raquel Seijido
Librería Santiago
Muebles Sampe
Vogue
Podium Sport
Tejidos Rogelio
Nacar
Peluquería Raquel González
Van Surf Sneakers
Van Surf Shop
Tacones
Peluquería Richard XFavor
Esprit
Mimimó
Tienducho OP
Peluquería Angeles Salgueiro
Regal Porta da Vila
Albo Zapaterías
Misstic
Calzados Albo
Óptica Rosario
Albo 55 Sneakers
Confecciones Justo Vazquez
Piti Deportes
Kalea
Oxígeno Surf
Platax
Kerale Moda
La Óptica
Oscar Joyeros
Sulian Complementos
Mercería A Bolboreta
Deportes Don Balón
Madrás
Jonathans
Africa Copias
Versus
Fontana
Baühaüs Decoración
Rockids
Bmd
Baamonde Style
Glow Beauty Atelier
Joyería Paleo
Canela Lencería
Cocolatte

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificaraqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

Exit mobile version