Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Shopping Weekend’, un fin de semana de compras con fantásticos descontos en miles de artigos no Centro Comercial Histórico de Viveiro

Viveiro, 4 de novembro, 2021. O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na sua cidade. Pon en marcha este venres 5 e o sábado 6 de Novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 47 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles e decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos, perruquerías, beleza, etc.

Os locais participantes son:

Raquel Seijido
Moviltom
Muebles Sampe
Vogue
Podium Sport
Irimia Paquetería
Nacar
Óptica Casariego
Van Surf Sneakers
Tacones
Van Surf Shop
Peluquería Richard XFavor
Esprit
Mimimó
Tienducho OP
Paquetería Mónica
Regal Porta da Vila
Albo Zapaterías
Misstic
Calzados Albo
Óptica Rosario
Albo 55 Sneakers
Confecciones Justo Vazquez
Piti Deportes
Kalea
Oxígeno Surf
Platax
Kerale Moda
La Óptica
Oscar Joyeros
Sulian Complementos
Mercería A Bolboreta
Estanco Casanova
Deportes Don Balón
Jonathans
Carnicería Mariño
Versus
Fontana
Baühaüs Decoración
Rockids
Bmd-Baamonde Style
Kandela Iluminación
Joyería Paleo
Canela Lencería
Cocolatte
Madrás
Glow Beauty Atelier

Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.

Haberá negocios como pode ser a carnicería, a peluquería ou as paqueterías, que farán o 20% en artigos seleccionados. Nestes casos, disporán de carteis nos escaparates especificando os artigos nos que se aplica o 20% de desconto.

É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes dous días.

O éxito desta campaña en anteriores edicións fai que poña en marcha unha vez mais para ofrecer ó cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

E para aqueles clientes de localidades veciñas que non se poidan achegar esta fin de semana a mercar a Viveiro, temos en marcha durante o mes de novembro a campaña de Envíos Gratuítos a toda a Mariña e Ortegal, garantindo que o mercado no comercio local chega a tempo e gratis.

Para o pequeno comercio estanse a incrementar cada día máis as vendas a través das redes sociais, o whatsApp ou a web aqueles que dispoñen dela, e cós envíos gratuítos queremos facilitar aínda máis as compras para os nosos clientes da Mariña e Ortegal.

Pero si teñen oportunidade, invitamos a vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do shopping ca música nas rúas, e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías…isto é Comercio Local.

Exit mobile version