Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro no Valadouro este sábado

Este sábado 27 de novembro ás 19:00h hai cita co teatro afeccionado no Valadouro. A través do circuíto de teatro afeccionado 2021 da Vicepresidencia da Deputación e en colaboración coa delegación de cultura do Concello do Valadouro, o grupo de teatro pontenovés Lume Escénico representará a obra “Cousas de Bares” no salón de actos da casa da cultura. Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e humor con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal

Exit mobile version