Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Vestimenta nas Terras de Lugo’, exposición organizada por Ledicia en Burela, desde este domingo

Burela, 11 de novembro, 2021. Despois de moitos meses aletargados por mor da situación sanitaria, a Sociedade Cultural Ledicia retoma pouco a pouco a actividade achegando ata Burela unha exposición sobre o traxe tradicional denominada Vestimenta nas Terras de Lugo.

A exposición é froito do traballo do Obradoiro Traxandaina de Lugo; e amosará unha ampla colección de pezas da vestimenta de “dominguear” da nosa provincia de finais do século XIX e comezos do XX. Pezas orixinais recollidas en distintos concellos e traballos de reproducción extremadamente cuidadosos.

A inauguracíon terá lugar o domingo 14 de novembro ás 18:00 h, e contará cunha explicación detallada das pezas a cargo do propio obradoiro; posteriormente poderá visitarse na Casa da Cultura de Burela ata o 19 de novembro pola mañá de 11 a 13 horas, e pola tarde de 17 a 20 horas. A entrada é libre e gratuita.

Convidamos á veciñanza a visitala e agradecemos o apoio e patrocinio do Concello de Burela

Exit mobile version