Site icon Crónica3.com A Mariña

Xubilación no Martínez Otero de Foz

Despois de 40 anos dedicados ao ensino, este venres 12 de novembro pecha a súa andaina como docente no colexio, Ramón Eiras Fernández. Toda unha vida envorcada no ensino e na formación de nenos e nenas e rapaces e rapazas. Imposible resumir todas as vivencias, académicas, deportivas e persoais, que quedan na lembranza dos seus compañeiros. O Padroado e a Comunidade educativa do colexio achegan o seu agradecemento por estes anos consagrados á profesión máis bela do mundo: a docencia.

Exit mobile version