Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Patrimonio Laurentino instala un belén na igrexa de San Salvador

Lourenzá, 27 de decembro, 2021. Este Belén compóñeno figuras tan antigas que algunhas formaron parte do convento da orde Benedictina, outras foron incorporadas polo ano 1954 polo entón cura-párroco D. Cesar Chevarría Pacio, algunhas das cales comprou ao artesán da Devesa D. Lorenzo Molejón, ferreiro e artesán que fixo moitas figuras deste tipo.

As figuras que ostentan unha medida entre 30 e 55 cms., son dunha beleza impresionante e dun traballo de escultura impecable, rozando a perfección e o bo gusto.

Este belén, con figuras en movemento e o río polo que discorre a auga continuamente, sitúase na á dereita da igrexa de S.Salvador, o cal se realiza a pedimento do actual sacerdote D. Xosé A. Miguélez. Do mesmo xeito que en anos anteriores, e de forma voluntaria, participan na súa elaboración veciños e membros da Asociación Patrimonio Laurentino.

Divídese en 2 partes ben diferenciadas, por unha banda a “Anunciación”, unha figura excepcional, e o pesebre co “Misterio”, rodeado de pastores e preto do río por onde discorre a auga constantemente e onde se labran terras pola que nace o trigo de forma natural, e as lentellas, que se verán en continuo crecemento desde a elaboración do nacemento ata chegado o día de Reis. E doutra banda a poboación hebrea, e o castelo de Herodes ao que diferencia de ambas as partes o deserto por onde se trasladan os Reis Magos no seu camiño cara ao pesebre.

Hai que destacar figuras en movemento, que os veciños que anos anteriores colaboraron no belén fixeron posible este labor, tales como: O ferreiro, O panadeiro, O muíño, Os serradores e o propio río.

É un Belén formado por figuras moi antigas dos anos 40 e algunhas anteriores que proceden do século XIX. Pódese visitar en horario de mañá de 11.30 a 13 horas e de 16.30 a 19 horas.

Exit mobile version