Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma coordinadora de auxiliares fai unha chamada a participar e apoiar as mobilizacións e accións convocadas para a defensa da factoría de San Cibrao

Cervo, 10 de Decembro de 2021. Dende a plataforma coordinadora de auxiliares, debido ao reciente anuncio de Alcoa de continuar coa súa intención de paradas de cubas realizamos un pleno o pasado dia 7.

Como primeiro punto queremos agradecer ao comité de Alcoa e os sindicatos que se manteñan nas 2 líneas vermellas que sempre tivemos todos dende o principio da problemática, aplaudimos e apoiamos que as cubas non se paran e que ningunha salida pode ser posible se non se contempla ós traballadores das auxiliares, que tamén somos a todos os efectos traballadores da fábrica ao igual que os compañeiros da principal.

Queremos facer unha chamada a todos/as os compañeiros das auxiliares a participar e apoiar as mobilizacións e accións convocadas para a defensa da factoría, Alcoa somos todos e debemos de demostralo nas rúas. Así mesmo, se Alcoa somos todos debe demostrarse na posibilidade de participar nas decisións, asamblearias ou non, dos traballadores/as das auxiliares.

Por último, pero para nada máis importante, queremos facer unha reseña a loita que as compañeiras/os de JOFRASA están a levar estes dias, cunha folga indefinida para conseguir un salario digno. Xa que o soldo dunha muller non é un complemento salarial ao soldo do home, tal e como lles chegou a decir a dirección da empresa.
En pleno 2021 xa case 2022, é inaceptable a diferenciación salarial entre homes e mulleres nun mesma empresa realizando traballos nunha mesma factoría.

Queremos recordar que está en marcha unha caixa de resistencia para axudar a paliar, na medida do posible, a pérdida económica que están a sufrir, e animamos a todos os traballadores/as veciños/as a participar na caixa.

Xuntos seremos máis fortes

Exit mobile version