Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta sinala que a solución definitiva en Alcoa debe pasar primeiro por fixar un prezo eléctrico competitivo

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2021. A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, sinalou hoxe, tras a súa participación na mesa industrial de Alcoa, que a solución definitiva en Alcoa debe pasar primeiro por fixar un prezo eléctrico competitivo “que realmente viabilice e garanta a produción de aluminio primario” en San Cibrao.

No encontro, no que Alcoa expuxo as liñas xerais da súa proposta, a directora xeral apelou ao Goberno central a buscar solucións e poñer todos os mecanismos e todos os instrumentos enriba da mesa para garantir o marco enerxético necesario. Paula Uría insistiu en que no proceso de negociación se precisan “certezas e garantías”, tamén por parte da empresa, para unha continuidade do emprego na Mariña, non só dos traballadores da propia planta senón dos das industrias auxiliares.

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais insistiu en que a Xunta de Galicia está sempre ao carón dos traballadores, con todas as ferramentas ao seu dispor. “A produción de aluminio primario na Mariña de Lugo podería ter unha continuidade”, sinalou a representante da Xunta no encontro, “con esas garantías e esa busca de solucións por parte do Goberno central” para un prezo eléctrico competitivo.

Exit mobile version