O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes sindicais e do comité de empresa, entre eles o seu presidente, José Manuel Novo Puente.
A reunión tivo lugar á instancias do comité e foi atendida coa maior prioridade por parte dos responsables do Goberno galego, co obxectivo de coñecer a situación do persoal e valorar posibles alternativas.
En primeiro lugar, segundo anunciou Arias, “estanse a analizar os detalles do ERE, que tivo entrada na Consellería de Emprego e Igualdade o día 27 e que xa están valorando os técnicos; estaremos atentos ás negociacións entre a empresa e o comité e vixiantes no procedemento”.
Neste sentido, a Xunta e o comité acordaron manter outra reunión nos vindeiros días, unha vez que se teñan producido avances no estudo do ERE e nas conversas entre traballadores e empresa.