Site icon Crónica3.com A Mariña

Asinados novos convenios para a rehabilitación de vivendas e espazos urbanos nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e de Rinlo

16,45 h.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, asinarán con 22 concellos os convenios de 2021 para actuacións nas áreas de rehabilitación integral.
foto xoán crespo
01/12/2021

Ribadeo, 2 de decembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, participou en Santiago na firma dos novos convenios para a rehabilitación de vivendas e espazos urbanos nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e de Rinlo para o período 2022-2024. O investimento total ascenderá a 900.000 euros.

O rexedor manifestou que “cunha grande satisfacción asinamos onte en Santiago coa ministra de Transportes e coa conselleira de Medio Ambiente novos convenios para a rehabilitación de vivendas e de espazos urbanos nas áreas de rehabilitación de Ribadeo e máis de Rinlo. Concretamente para este novo período, 2022-2024, no casco vello de Ribadeo o convenio contempla a rehabilitación de 18 vivendas; e para Rinlo contémplanse a rehabilitación de 8 vivendas.
Estas axudas aos particulares que o desexen son sufragadas polo Estado e máis pola Xunta. E coma sempre estas axudas aos particulares tamén van acompañadas de axudas ao Concello para rehabilitar rúas e espazos públicos nestes ámbitos. E nestes casos o compromiso de axudas son aportadas entre o Ministerio e máis o Concello de Ribadeo”.

Suárez Barcia explicou que “concretamente no convenio de Rinlo a inversión conxunta das administracións e dos particulares ascende a 290.000 euros, dos cales o Ministerio pon o 32 por cento, o Concello o 29% e a Xunta o 8%. E para o convenio de Ribadeo, que é o máis grande, a inversión conxunta das administracións e dos particulares ascende a 610.000 euros, dos cales o Ministerio pon o 34%, o Concello 24% e a Xunta o 9%”.

O alcalde engadiu que “as porcentaxes e os límites de axudas para a rehabilitación varían en función do tipo de obras a executar e da renda familiar dispoñible. E, coma sempre, entran rehabilitacións estruturais, en exteriores, en cubertas, en fachadas, en carpinterías, así como outras máis interiores como calefacción, fontanería, etcétera. Polo tanto todas aquelas persoas que estean interesadas poden obter máis información na Oficina de Rehabilitación que temos no Concello de Ribadeo”.

Exit mobile version