
Viveiro, 6 de decembro, 2021. A Asociación Bágoas da Terra de Viveiro participou esta fin de Semana no 38º Congreso Anual de CIOFF-España, representada pola Presidenta Mª Carmen López (Chipe) que participa como membro da Xunta Directiva deste organismo, cargo que deixa este ano por decisión propia, aínda que continuará participando como representante de Festival Internacional, a Mostra Folklórica Internacional de Viveiro.
“CIOFF” é o Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais.
Este congreso é un evento importante como lanzamento da LXII Edición da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro para o 2022, edición que se tivo que pospoñer no 2020 e 2021 por mor da Pandemia por COVID19.