Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela presente na Primeira Mostra de Alfombrismo de Nadal en Galicia

Burela, 10 de decembro, 2021. O vindeiro sábado día 18 de decembro ás 19:30 horas vai ser inaugurada a Primeira Mostra de Alfombrismo de Nadal en Galicia, na que participan alfombristas de A Estrada, Ames, Bueu, Burela, Cangas, Marín, Miño, Moaña, Perbes, Pontevedra, Ponteareas e Rianxo

Será nunha carpa instalada nos Xardíns Municipais da Estrada, detrás da Casa do Concello, e estarán expostas as distintas alfombras ata o día 10 de xaneiro, formando parte do conxunto de actividades promovidas polo Concello da Estrada e pola Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) para promover e impulsar o Nadal Estradense, animar a visita do rural e de concellos veciños e dinamizar o Comercio Local da Estrada

A Asociación e Comerciantes da Estrada (ACOE) é a entidade patrocinadora

O formato das distintas alfombras é un perímetro que reflicte o dun ben patrimonial identitario e recoñecible do concello, e o interior é tema libre para todas as delegacións participantes

Ao acto foron convidados os 11 alcaldes e autoridades autonómicas e provinciais. Estamos xa recibindo as confirmacións de algunhas das autoridades que estarán presentes

Exit mobile version